Sunday 12 de May de 2024

Vimianzo fumiga as rúas e os principais espazos de interacción pública para paliar a crise sanitaria por COVID-19


Os traballos de desinfección terán lugar nas rúas principais, centros de alimentación e centro de saúde.
O Concello de Vimianzo puxo en marcha esta mañá un plan específico de desinfección dos espazos de interacción pública para paliar a crise sanitaria provocada polo COVID-19.
Os traballos terán lugar nas rúas principais, centros de alimentación e centro de saúde, extendéndose progresivamente a máis lugares do municipio.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quere destacar “a colaboración e entrega da Policía Local, Protección Civil, Servizos Múltiples e resto de traballadores municipais, que fan posible estas e outras tarefas que estamos a desenvolver durante estes días”, destaca a rexedora.